CRTVG

Buscar

O Concello de Santiago deberá indemnizar con 20.000 euros unha muller que tropezou cunha lousa

Publicado o 29/06/2021 14:13

O Concello de Santiago deberá indemnizar con 20.000 euros unha muller que se mancou despois de tropezar nunha beirarrúa que tiña as lousas levantadas. A sentenza dun xulgado do contencioso administrativo considera que corresponde ao Concello manter en bo estado as rúas e beirarrúas da capital galega.

A caída ocorreu en xuño de 2018 nesta rúa de Santiago. A muller que camiñaba pola beirarrúa caeu despois de tropezar cunhas lousas soltas. Agora o Concello deberá indemnizala con 20.000 euros polas lesións sufridas na caída.

A sentenza do xulgado do contencioso-administrativo fai responsable dos estragos do pavimento o Concello compostelán, xa que é esta Administración a que ten a obriga de manter en bo estado as rúas e beirarrúas da capital galega. Na súa demanda, a muller accidentada reclamaba unha indemnización superior aos 50.000 euros.

Noticias web

29/06/2021