CRTVG

Buscar

O concello de Santiago, condenado a pagar 620.000 euros pola adxudicación da ORA

Publicado o 09/01/2019 18:44
O concello de Santiago, condenado a pagar 620.000 euros pola adxudicación da ORA

O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela condenou o concello da localidade a indemnizar a empresa Doal, filial de Vendex, con 620.000 euros, pola incorrecta adxudicación do contrato para a xestión da ORA e do guindastre no ano 2012. O Concello, en que na actual lexislatura goberna Compostela Aberta, avanzou nun comunicado que recorrerá o ditame ao entender que Doal podería asumir a xestión do servizo no procedemento de contratación aberto en 2017 e que retomaba o de 2012 erroneamente adxudicado, pero que "non quixo". 

A adxudicación produciuse a esta empresa, en 2012, con goberno local do PP, aínda que non cumpría o prego de condicións do concurso, que sería anulado por sentenza xudicial en setembro de 2015. 

Noticias web

09/01/2019