O Concello de Ribeira asume o topónimo coa letra b e pon fin a unha polémica de décadas
Este martes púxose fin a unha polémica que viña de décadas: O concello de Riberia negábase a aceptar que o topónimo se escribe coa letra b, a pesar de que así o dicía legalmente a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.
Nun acto, na propia casa do concello, presentouse un ditame realizado pola Real Academia Galega, e ante a presenza do alcade da vila, Manuel Ruiz, e representantes de todos os grupos municipais e da Academia, encabezados por Víctor Freixanes, escenificouse a decisión de que agora en diante Ribeira terá un só topónimo.
Nese ditame da RAG explicábase que a primeira mención a Ribeira, escrita coa letra b, se remonta a 1378, e que non foi ata o século XVII cando aparecen as primeiras referencias escritas con v.
Esta mesma mañá a web do Concello mudou o topónimo para a adaptarse á nova situación.