CRTVG

Buscar

O Concello de Ribadeo multa un rapaz con 750 euros por ouriñar na rúa

Publicado o 07/09/2021 21:05
O Concello de Ribadeo multa un rapaz con 750 euros por ouriñar na rúa
EUROPA PRESS

O Concello de Ribadeo multou con 750 euros un veciño por ouriñar na rúa, tras a aprobación dunha nova ordenanza de limpeza e xestión de residuos.

O concelleiro de Medio Ambiente Jorge Díaz Freije sinala que se está empezando a aplicar a nova ordenanza "coa intención de evitar comportamentos incívicos dos veciños e empresas". "A estas alturas do século XXI, que se produzan estes feitos é lamentable", sinalou Díaz Freije. 

Igualmente, abríronse outros expedientes sancionadores a persoas e empresas por deixar restos de podas na vía pública e por abandonar apeiros. "Estamos ante condutas que se repiten máis veces das desexables, porque un pódese despistar un día, pero ser reincidente non", afirma o edil.   

"As multas das que estamos a falar por cometer este tipo de infraccións incívicas empezan nos 750 euros. Non queremos que despois a xente leve as mans á cabeza. Para ter un Ribadeo o máis limpo posible temos que concienciarnos todos e todas diso", aclara.  

Noticias web

07/09/2021