CRTVG

Buscar

O Concello de Pontevedra vai peonalizar zonas próximas aos centros de ensino

Publicado o 19/09/2020 14:33

O Concello de Pontevedra vai peonalizar zonas próximas aos centros de ensino para favorecer o cumprimento das distancias na era COVID. O primeiro centro que gozará desta medida a vindeira semana é o Instituto Sánchez Cantón en Raíña Vitoria onde xa houbo cortes durante as festas de Pontevedra

O Sánchez Cantón en pleno miolo de Pontevedra dispón de pouco espazo para recreos e accesos por iso será o primeiro en que se peonalizará parte de Raíña Vitoria, o obxectivo é favorecer o acceso e os recreos con distancia de seguridade.
A medida é ben acollida nas rúas de Pontevedra, moi afeitas a estas medidas de redución de tráfico.

O Cantón será o primeiro xa a vindeira semana, pero non o único o concello de Pontevedra está aberto a escoitar á comunidade escolar e ver qué centros o precisan e en cales é posible. A administración municipal está ao dispor das autoridades sanitarias e bota en falta maior fluídez informativa sobre e evolución do virus.

Noticias web

19/09/2020