CRTVG

Buscar

O Concello de Pontevedra fará unha vixilancia especial da velocidade de 10km/h durante o Nadal

Publicado o 27/11/2019 15:06

O Concello de Pontevedra pon en marcha unha campaña de vixilancia específica para controlar que este Nadal ninguén salte o límite de 10 km/h no centro da cidade.

A campaña comeza este venres día 29 e finalizará o próximo 5 de xaneiro. Haberá varios radares móbiles e axentes da Policía Local para controlar a velocidade. Ao mesmo tempo, desde o Concello van continuar coa campaña de sensibilización e concienciación, dirixida sobre todo ás empresas e aos repartidores para que colaboren.

Os responsables municipais aseguran que, desque entrou en vigor a norma o pasado mes de outubro, a resposta de condutores e peóns foi moi positiva.


 

Noticias web

27/11/2019