O Concello de Pontevedra celebra oposicións a pesar da pandemia
O Concello de Pontevedra convoca máis de 150 persoas a unha oposición para unha praza de administrativo. O exame realizase nestes momento no Pazo da Cultura, entre importantes medidas de seguridade e en plena terceira vaga da pandemia.
Este luns fixeron a proba no Pazo da Cultura. Aos nervios normais dos momentos antes dun exame súmase neste caso a preocupación polo posible risco de contaxio. Moitas administracións tomaron a decisión de aprazar este tipo de probas debido á pandemia.
O Concello de Pontevedra celebra esta convocatoria con todas as medidas preventivas, pero algúns dos aspirantes comentaban que non é o momento para reunir un número tan elevado de persoas que chegan de distintas zonas e ademais nun lugar pechado nun momento en que o índice de contaxios está disparado.