CRTVG

Buscar

O Concello de Ponteareas pagaralles un plus aos funcionarios que non falten ao traballo

Publicado o 08/08/2017 08:56

O alcalde, do BNG, xustificou a medida pola necesidade de combater o absentismo. Para recibir esa gratificación terán que realizar o 90% da xornada semanal

O pleno do Concello de Ponteareas aprobou unha gratificación para os funcionarios que non falten ao traballo.

O plus pagarase ao persoal municipal que realice o 90% da xornada máxima semanal. O alcalde, do BNG, xustificou a medida pola necesidade de combater o absentismo. Saíu adiante co apoio do PSOE e a abstención de Esquerda Unida. O PP criticou que se dea unha compensación económica só por ir traballar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2017