CRTVG

Buscar

O Concello de Ourense vaise desfacer dos seus dous coches oficiais

Publicado o 27/08/2019 11:48

O alcade de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou este martes que o Concello vai prescindir dos dous coches oficiais que ten ten propiedade coa intención de reducir os custos no transporte tanto dos concelleiros como do propio alcalde. Para moverse pola cidade e pola provincia pasarán a empregar o taxi, e para as viaxes máis longas empregarán o avión ou o tren.

Jácome explicou que un dos coches, un Audi A6 do ano 2004, sairá a poxa pública. Tamén dixo que tiñan calculado un aforro anual superior aos 20.000 euros no transporte, ao non ter que facer fronte a gastos de mantemento nin de combustible dos vehículos nin dos salarios dos condutores.

O alcalde explicou que ata hai pouco había catro choferes á disposición do Concello e que a maior parte do tempo "estaban sen facer nada", á espera de que tivesen que realizar algún desprazamento. Un deles xubilouse recentemente e outro máis vaino facer en breve. Dos dous que quedan, un dedicarase a outras funcións, mentres que o outro seguirá realizando traballos de condutor no parque móbil municipal.

Noticias web

27/08/2019