CRTVG

Buscar

O Concello de Ourense retírase do protocolo Viogen de atención ás vítimas de violencia de xénero

Publicado o 15/10/2019 16:31
O Concello de Ourense retírase do protocolo Viogen de atención ás vítimas de violencia de xénero

O Concello de Ourense decidiu desvincularse do protocolo Viogen contra a violencia de xénero, coa consecuente retirada da Policía Local deste sistema de prevención e control das vítimas.

A decisión farase efectiva o próximo 22 de marzo de 2020, segundo explicou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, á súa saída este martes da reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade.  

O rexedor defendeu a decisión ao alegar que "o Concello non dispón de suficientes recursos para levar o tema coa dignidade que require". "Está a darse mal o servizo", asegurou. 

Na actualidade, o sistema Viogen conta coa participación do tres corpos policiais -Local, Autonómica e Nacional-, pero Pérez Jácome explicou que "por parte da Policía Local só hai unha persona dedicada ao tema da violencia de xénero".   

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí