CRTVG

Buscar

O Concello de Ourense ordena que as terrazas pechen ás 11 da noite

Publicado o 15/05/2020 22:24

O Concello de Ourense estableceu que as terrazas instaladas na vía pública por parte dos establecementos de hostalaría que conten coas pertinentes licenzas e permisos deberán pechar a súa actividade ás 23:00 horas. Diso informou o consistorio nun comunicado, no que lembra que a situación de alerta continua e que, se non se cumpre o establecido, poderíase "volver atrás". Por iso, advirte que adoptará todas as actuacións que sexan necesarias ante calquera tipo de incumprimento.

Con esta medida, o Concello destacou que pretende conciliar na mellor medida posible os intereses do colectivo da hostalaría cos do conxunto da cidadanía, mantendo sempre como máxima prioridade garantir o exercicio da actividade hostaleira nas condicións de seguridade que salvagarden a saúde pública. O alcalde fixo un chamamento á responsabilidade do sector e da cidadanía para que non se incumpran estas normas pero, sobre todo, as medidas de seguridade.

Noticias web

15/05/2020