CRTVG

Buscar

O concello de Ourense creará un centro de investigación de intelixencia artificial

Publicado o 01/07/2019 19:32

O Concello de Ourense e a Universidade de Vigo acaban de crear unha comisión de traballo para construír na cidade un centro de investigación de intelixencia artificial.  Gonzalo Pérez Jácome Alcalde de Ourense "Agora mesmo hai un campo moi grande porque non se están explotando centros de investigación así que o primeiro que o faga vai levar o gato á auga e en Ourense ímolo impulsar porque é o modo máis rápido e eficiente de que Ourense dea un xiro na súa economía, e se cambiamos a economía cambiamos tamén a demografía" Manuel Joaquín Reigosa Reitor da Universidade de Vigo "Saudamos a idea e nós imos participar tanto a través de informática como doutras titulacións que hai no Campus estamos moi interesados e dende logo participaremos nesa comisión e esperamos que outras administracións tamén se apunten ao carro e entre todos poidamos facer unha iniciativa pioneira e con futuro"

Concordan que a situación máis axeitada sería o Campus de Ourense. Dende Democracia Ourensana din que contará con 50 investigadores antes de 2020. Pérez Jácome considérao un proxecto vital para a cidade e di que vai destinar nunha primeira partida 5 millóns de euros e pide o apoio de todas as administracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019