CRTVG

Buscar

O Concello de Ourense cede tres parcelas para a estación da Alta Velocidade

Publicado o 12/06/2019 16:28

O Concello de Ourense, na última xunta de Goberno local, acordou cederlle ao Goberno galego tres parcelas, as necesarias para poder desenvolver o proxecto que integrará a futura estación do AVE en Ourense. Deste xeito poderase trasladar este aparcadoiro que hai hoxe en superficie e así a Xunta poderá construír aquí a estación de autobuses e deixar un espazo peonil cuberto que serviría de nó entre as dúas estacións. Pola súa parte, o Adif ten previsto facer un aparcadoiro subterráneo que prestará servizo tanto á estación de autobuses como á do tren. O estacionamento proxectado terá un custo de máis de cinco millóns de euros e unha capacidade de 300 prazas en dúas alturas.

 

 

 

Noticias web

12/06/2019