CRTVG

Buscar

O Concello de Ourense asegura que as termas do Miño son aptas para o baño

Publicado o 12/09/2019 16:38

Din dende o grupo municipal socialista neste comunicado que as analíticas que encargaron ao Colexio Oficial de Farmaceuticos reflicten que as termas do Miño teñen niveis tóxicos de contaminación.

A partir destas declaracións sucedéronse numerosas reaccións. As primeiras: do Colexio de Farmacéuticos. Aclaran que a auga non é apta para beber, pero si para o baño. A concelleira de Termalismo acusou esta mañá os socialistas de crear alarma social. Pídelles que rectifiquen.

Asegurou, ademais, que acaban de chegar os informes da Universidade de Vigo, que se encarga de facer mensualmente os controis que reflicten que as augas están en perfectas condicións para o baño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019