CRTVG

Buscar

O concello de Ourense anuncia un plan de choque para a mellora dos parques infantís

Publicado o 02/09/2021 14:35

Bambáns oxidados, con fendas, esnaquizados, instalacións en mal estado que obrigan os pais e os avós a estaren moi atentos ao xogo dos nenos. Á falta de mantemento únense o lixo e os estragos que deixan os botellóns nos parques.

Agora en Ourense acaban de aprobar un plan no que se investirán 8 millóns de euros para mellorar estes parques. Modernizarán 70 parques infantís da cidade coa instalación de máis de 500 novos xogos.

Noticias web

02/09/2021