O concello de Narón volve estar en alerta vermella polo número de contaxios
Publicado o 14/10/2020 15:13
Novidades tamén en canto aos concellos en alerta pola taxa de contaxios en función do seu volume de poboación. Desde esta mañá volve haber alerta vermella nun dos concellos de Ferrolterra, o de Narón.
Despois dun pequeno respiro, a área sanitaria ferrolá volve empeorar. Os últimos 11 casos elevan xa a 147 o número de casos positivos nesta localidade. Narón volve así á situación vivida no pasado mes de setembro.
Nestes intres, o concello está en alerta vermella, mentres que Ferrol está en alerta laranxa e Fene en alerta amarela.
En canto ás hospitalizacións, a situación nesta área segue igual. Hai cinco persoas hospitalizadas no Hospital Arquitecto Marcide.
Ante o panorama actual, os veciños móstranse resignados.