O concello de Narón sobe ao nivel vermello de alerta, aínda que sen restricións
Publicado o 11/10/2020 23:00
O municipio coruñés de Narón súmase á listaxe de concellos galegos que están en nivel máximo de alerta por coronavirus.
O último informe publicado polo Sergas recolle que a localidade, que ten menos de cincuenta mil habitantes, superou os 21 contaxios nos últimos sete días.
O martes reunirase o comité clínico de expertos, que decidrá se se establecen restricións adicionais neste e nos outros oito concellos galegos que están en nivel vermello de alerta.