CRTVG

Buscar

O concello de Mos celebra esta fin de semana a súa festa da Prehistoria

Publicado o 10/08/2019 17:21

Moi preto de Vigo, no concello de Mos o que fan é dar un salto na liña do tempo para viaxar catro mil anos atrás. Isto é posible, Natalia Penas grazas a súa festa da Prehistoria. Membros das tribus e dos poboados prehistóricos poderán gozar durante todo o día de diversos obradoiros.

O que si, quen queira participar debe ter en conta que debe vestir á moda de hai catro mil anos e prescindir das moitas comodidades que hoxe temos ao noso alcance co fin de valorar o xeito de vida máis calmado e nada materialista dos nosos antepasados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019