CRTVG

Buscar

O concello de Monterrei solicita a declaración de zona de urxencia

Publicado o 11/07/2019 12:57

 

O concello de Monterrei acordouno nun pleno extraordinario e urxente celebrado no mediodía deste mércores. Nunha primeira estimación os danos ocasionados en infraestruturas públicas supera o millón e medio de euros. Os que afectan vivendas e cultivos din que aínda non se poden cuantificar ao estar os veciños facendo reconto das perdas, polo que aínda non llos comunicaron ao Concello. Xa poden facelo nunha oficina habilitada a tal efecto. Ademais o Concello de Monterrei habilitou un servizo de transporte para a recollida de mobiliario e efectos danados. Mentres os veciños de localidades como Infesta, Albarellos ou Vilaza seguén aínda afanados nas tarefas de limpeza.

Francisco leva dous días axudando a estes veciños seus de Albarellos. A súa casa quedou totalmente asolagada, eles mesmo tiveron que ser rescatados o luns pola Garda Civil. Perdérono case todo, por iso tentan recuperar o pouco que resistiu a forza da auga.

A desfeita foi grande nas vivendas pero tamén nas zonas de cultivo. Amadeo achegábase ata a súa horta dunha hectárea convertida hoxe nun lameiro na que non quedou absolutamente nada.

En Infesta a situación mellorou respecto o día de onte grazas as tarefas de limpeza pero os estragos son aínda evidentes en boa parte da aldea.

Segundo apuntan dende a Denominación de orixe Monterrei o catro por cento dos viñedos víronse afectados polas treboadas sobre todo nas zonas da Salgueira, Infesta, Guimarei e A Caridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019