CRTVG

Buscar

O Concello de Maside realiza medicións de gas radon nas vivendas do municipio

Publicado o 17/06/2020 14:13

O arquitecto do Concello de Maside comeza a instalar os medidores de gas radon nas vivendas do municipio para coñecer o seu grao de concentración.

O obxectivo é reducir a través da ventilación a súa presenza nas vivendas afectadas, pero tamén poder actuar nos terreos nas novas construcións.

A Organización Mundial da Saúde considera que o risco de sufrir un cancro de pulmón aumenta a partir dunha exposición a 200 bequerelos por metro cúbico no aire.

O Concello de Maside é o segundo de Galicia que asina un convenio de colaboración do Laboratorio de Radon de Galicia para facer estas medicións.

Noticias web

17/06/2020