CRTVG

Buscar

O concello de Madrid decreta tres días de loito polo último caso de violencia machista

Publicado o 16/08/2019 19:00
O concello de Madrid decreta tres días de loito polo último caso de violencia machista

O concello de Madrid decreta tres días de loito oficial e un minuto de silencio o próximo luns polo asasinato dunha muller no distrito de Tetuán, no que é o último caso de violencia machista. A policía busca á parella e presunto asasino, que despois do crime chamou a un amigo pra dicirlle que o que acababa de facer. Mesmo lle envíou fotografías do corpo da muller, pedíndolle axuda pra desfacerse del.  Foi este amigo quen alertou á policía.

Fontes da investigación indican ademais que o nome da muller, de 49 anos, figuraba no sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero no que se valora o risco das vítimas, e no que tamén aparecía o nome do home como agresor.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí