CRTVG

Buscar

O Concello de Lugo aproba un plan de axudas para pemes e autónomos

Publicado o 01/04/2020 19:45

O Concello de Lugo pon en marcha un plan para impulsar a actividade económica da cidade e apoiar as familias. Destinará cinco millóns de euros a través de dúas liñas de actuación. Haberá axudas directas para pemes e autónomos e tamén achegas para a conciliación familiar. Os interesados terán vinte días para presentar a solicitude tras a publicación do plan no Boletín Oficial da Provincia, e, de ser necesaria, o Concello non descarta unha maior inxección de liquidez.


 

Noticias web

01/04/2020