CRTVG

Buscar

O concello de Friol equipa os escolares cun neceser de hixiene

Publicado o 06/09/2020 12:03

Dúas máscaras, un sobre para gardalas e dous botes de xel é o equipamento que recibe do Concello cada neno que estuda en Friol. Sen dúbida, un bo agasallo para comezar este curso tan diferente.

Tan diferente e tan difícil a un tempo, tanto para as mamás e os papás coma para os nenos e as nenas, por iso é tan ben recibida nas familias a iniciativa do Concello de Friol de agasallar cun equipamento destes cada cativo matriculado na súa escola.

Abel recibe con agrado o agasallo. Xa ten claro como vai ser este curso. Da casa de Abel á casa de Noemí. Despois de seis meses, ela tamén volve esta semana que vén ao cole. Tamén ten ben claro como vai ser o cole.

Na escola de Friol hai 192 alumnos, os máis deles empadroados no concello. Todos van recibir este equipamento.
En Galicia a máscara é obrigatoria dende os seis anos e recomendable dende os tres.
 

Noticias web

06/09/2020