CRTVG

Buscar

O concello de Cenlle presenta Osmo como 'aldea modelo' na loita contra o lume

Publicado o 18/06/2019 16:56

O concello ourensán de Cenlle propón a localidade de Osmo como "aldea modelo" de Galicia. Trátase dunha figura de protección contra os incendios forestais na que a Xunta e a FEGAMP teñen previsto incluír 40 aldeas galegas.

Monte arriba desde a capitalidade municipal de Cenlle chegamos a Osmo, unha aldea que chegou a ter 200 veciños e onde hoxe viven dez, a maioría por riba dos setenta anos. "Está todo a monte e non hai quen desbroce nada porque cobran muchísimo", di Gaspar Diéguez, veciño de Osmo. 

De converterse en aldea modelo, como pretende o Concello, rozarían un perímetro de cincuenta metros e destinarían eses terreos a actividades agrogandeiras. O domingo haberá unha xuntanza cos veciños para ver que lles parece.

O proxecto, asinado por Medio Rural, Seaga e a Fegamp, ten para este ano un orzamento dun millón douscentos mil euros para realizar unhas corenta actuacións.

Noticias web

18/06/2019