CRTVG

Buscar

Cancelan en Bilbao o concerto de C.Tangana tras a polémica polas súas letras machistas

Publicado o 09/08/2019 17:20
Cancelan en Bilbao o concerto de C.Tangana tras a polémica polas súas letras machistas

O Concello de Bilbao cancelou o concerto que o rapeiro madrileño C.Tangana tiña previsto ofrecer o sábado 24 de agosto tras as protestas polas letras "machistas" das súas cancións. No seu lugar actuará o cantante portorriqueño Pedro Capó. 

Tras a polémica suscitada polo contido das letras dalgunhas das composicións de C.Tangana, abriuse unha campaña de recollida de firmas en Change. org para pedir a anulación do seu concerto, que acumulou 10.000 adhesións en 24 horas pedindo a cancelación da actuación. O concerto de C.Tangana fora anunciado polo Concello de Bilbao o pasado 18 de xullo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019