CRTVG

Buscar

Betanzos suspende a feira mensual por mor do brote, que ascende a nove positivos

Publicado o 16/07/2020 10:19

O brote de coronavirus xurdido no concello coruñés de Betanzos ascendeu este xoves a nove positivos, ao se confirmaren tres novos casos nas últimas horas entre as 75 probas PCR realizadas no municipio na xornada do mércores.

O concello xa comezou a tomar medidas e suspendeu a feira mensual que se celebra cada día 16. Outra medida foi instalar unha carpa no centro de saúde para realizar tests.

Ademais destas 75 probas, onte fixéronse 900 tests na área sanitaria da Coruña, informou en declaracións aos xornalistas o xerente da área, Luis Verde.

Estre, confirmou, é un brote con dous focos, catro persoas dun núcleo familiar e outras dúas que conviven, que poden estar relacionados, ao seu xuízo, por se daren na mesma zona xeográfica.

Conxectúrase que a súa orixe sexa importada e teña que ver co brote de Lleida, pois dous dos contaxiados estiveran nesta provincia.

Polo momento, tratan de controlar o contaxio poñendo en corentena todos os contactos dos casos positivos.

Un deles é o dun xogador de fútbol sala do Troula FS de Betanzos que se contaxiou no seu núcleo familiar, pois o seu sogro estivo enfermo por coronavirus, segundo confirmaron fontes do equipo.

O xogador deu positivo nos tests e comunicoullo ao club por estar en contacto con outros compañeiros de equipo nunha pachanga que se xogou o pasado 7 de xullo. Entre a ducia de xogadores que participaron nese partido, por agora, non hai máis positivos.

Noticias web

16/07/2020