CRTVG

Buscar

O concello de Bélmez, en Córdoba, recomenda o confinamento dos veciños de toda a vila

Publicado o 06/09/2020 20:44

As imaxes deste domingo lembran aquel confinamento de marzo. En só un par de horas deron positivo sete veciños, así que o alcalde do concello cordobés de Bélmez, de 3.000 habitantes, sen un instrumento legal que obrigue a confinar a xente nas casas, optou por publicar un bando municipal no que declara altamente recomendable non saír da casa e por suposto non entrar nin saír no municipio.

A primeira morte pola covid-19 na provincia de Córdoba foi precisamente neste concello de Bélmez. Aquelo quedou na memoria colectiva, así que a maioría dos veciños de aquí din que se autoconfianarán

A covid-19 esta presente no 70% dos municipios de Córdoba. Vilas como Bel alcázar teñen unha taxa de 2.150 contaxios por cada 100.000 habitantes.

Noticias web

06/09/2020