O concello de Beade será, a partir do luns, o único no nivel máis alto de restricións
Así, serán dez concellos os que estarán no nivel alto: Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda. Nestes está permitida a apertura da hostalería, pero só nas terrazas e ao 50 por cento.
Quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia. Nestes, bares e restaurantes poden facer uso do 50 por cento das terrazas e do 30 por cento do espazo interior.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que implica que na hostalería poderase ocupar o 75 por cento das terrazas e o 50 por cento do interior dos locais.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro luns, 29 de marzo.
Cribado masivo no concello
Para controlar a situación epidemiolóxica e desbotar posibles asintomáticos, no concello ourensán de Beade o Sergas organizou un cribado entre boa parte da poboación.
Un total de 125 dos 150 veciños convocados, participou no cribado aleatorio para detectar asintomáticos. Con 7 casos activos nunha poboación de 384 habitantes, a incidencia acumulada do virus disparouse nas últimas semanas.
O 83,3 % dos veciños de Beade citados acudiron ao cribado para desbotar asintomáticos e frear a trnasmisión do virus. Din que están tranquilos porque os sete casos positivos no municipio están localizados.
Ás portas da Semana Santa asumen as restricción máximas con resignación e responsabilidade.