CRTVG

Buscar

O Concello de Bande oferta casas baleiras

Publicado o 17/06/2020 20:19

A falta de inmobiliaria algunha aquí, é o Concello de Bande o que ofrece información das casas que están á venda ou en alugueiro nas súas aldeas.

Teñen esperanza de que coa pandemia a xente se anime a vir vivir ou pasar as súas vacacións a este municipio da fermosa Baixa Limia.

O principal obxectivo desta iniciativa é atraer poboación ou polo menos, asentala, non seguir perdéndoa. Hoxe contan con pouco máis de 1.500 habitantes, hai vinte anos tiñan case o dobre.

A bolsa inmobiliaria do Concello inclúe tamén locais comercias para animar os emprendedores a montar un negocio en Bande.

Noticias web

17/06/2020