CRTVG

Buscar

O Concello de Almería multará a quen non limpe con auga e vinagre as miccións dos cans

Publicado o 06/06/2019 20:30
O Concello de Almería multará a quen non limpe con auga e vinagre as miccións dos cans

En Almería o Concello quixo poñer freo aos ouriños dos cans. Dentro dun mes entra en vigor a nova ordenanza de limpeza que obriga os donos a limpar, ademais das feces, as miccións con auga e vinagre.

O Consistorio xustifica a posta en marcha desta medida para evitar a sucidade e a oxidación que provocan estas deposicións no mobiliario público.

Os infractores desta medida enfróntanse a sancións de entre 120 e 700 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019