CRTVG

Buscar

O concello da Coruña responsabiliza a Cespa do problema da recollida do lixo

Publicado o 28/01/2019 13:27

Por terceiro día consecutivo, A Coruña amenceu hoxe co lixo amoreado nas rúas. Os traballadores do servizo de recollida insisten en que os vehículos que empregan non cumpren coa normativa de seguridade, e por iso están a levar a cabo esta medida de protesta. O concello di que é a empresa concesionaria, Cespa, a que ten que asumir as responsabilidades. 

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña: "Cespa ten que asumir a súa responsabilidade e nós hoxe o que iniciamos é unha auditoría independente para comprobar o estado da maquinaria e ver se as denuncias que están facendo os traballadores son certas e, nese caso, instar a empresa a que as corrixa".



 

Noticias web

28/01/2019