CRTVG

Buscar

O Concello da Coruña aproba modificar os orzamentos para pagar facturas atrasadas

Publicado o 31/07/2019 15:49
O Concello da Coruña aproba modificar os orzamentos para pagar facturas atrasadas

O pleno do Concello da Coruña aprobou unha modificación nos orzamentos, para pagar tres millóns de euros en facturas atrasadas.

Tamén acordou reservar case un millón de euros máis para facer fronte ao sobrecusto da obra do estadio de Riazor, levada a cabo polo anterior goberno da Marea. Pero os cartos non se aboarán ata que remate a investigación que o Goberno local xa ten en marcha.

Na sesión, o voceiro socialista tamen avanzou que en setembro comezará a negociarse o orzamento do vindeiro ano.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2019