CRTVG

Buscar

O Concello cancela a polémica festa dun club de alterne de Meis

Publicado o 02/08/2019 19:41

As alertas saltaron no concello de Meis cando escoitaron a publicidade da festa dun coñecido local de alterne: 
"Festa apertura da zona chill out. Camareras en topless, dj, coctel na terraza e ademáis para todos os clientes, churrasco gratis"

A responsable do local di que se interpretou mal o anuncio pero o concello de Meis decidiu tomar cartas no asunto."En ningún momento se di que as camareiras vaian servir o churrasco en topless, elas estarán dentro, para iso contratei un camareiro", asegura.

"Mala interpretación non hai" di a alcaldesa de Meis. "O anuncio é ben claro, di que haberá chicas en topless, esas son as palabras exactas e anuncia que vai haber un estriptis e que se vai servir churrasco na inauguración dunha nova zona chill out",engade.

O concello comunicoulles que non podían celebrar o polémico evento por que o espazo en que pretendían facelo carecía de permiso urbanístico.

Ademáis atentaría contra a Lei de Espectáculos de Galicia. Ainda que o local de alterne anunciou que suspendía a festa, a Garda Civil estará vixiante para comprobar que efectivamente non se celebra.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019