CRTVG

Buscar

O compromiso das empresas galegas coa dixitalización supera en case dez puntos o da media estatal

Publicado o 04/12/2019 14:19

Medra a aposta das empresas galegas pola dixitalización e faino entre oito e dez puntos por riba da media estatal. Así se desprende dun estudo de Vodafone. O delegado Territorial da compañía desgranou o informe, asegurando que "cando falo de compromiso non falo só de que teñan plans ou teñan intencións, senón que o nivel de investimento é maior que a media nacional e o nivel de consecución de plans tamén é superior".

O estudo compara as empresas galegas coas do resto do estado. Buscan ser máis eficientes, abrir mercado con pataformas na rede e mellorar a relación co cliente. Francisco Vallejo concretou: "hoxe en día o 37% das empresas galegas teñen un plan con investimentos asignados en dixitalización. E isto hai dous anos era só o 11%"

A nivel nacional, os expertos avogan por unha estratexia de país. Paco Bree, profesor de innovación en Deusto Bussiness Scholl mantivo que "hai estudos que demostran claramente que se apostas pola innovación, tes mellores rendementos empresariais e se estás nunha zona de innovación, nunha rexión que chamamos de innovación, tes mellores estándares de vida, calidade de vida e niveis de emprego".

E piden maior investimento para poder ser competitivos.

Noticias web

04/12/2019