CRTVG

Buscar

O compostelán Mago Vituco remata con saúde a corentena nun cruceiro chinés

Publicado o 10/02/2020 13:08

O cruceiro chinés en autocorentena onde navega o compostelán Mago Vituco acaba de chegar a un porto vietnamita con toda a súa tripulación a salvo de contaxio. Ao arribar, atoparon unha cidade case deserta, negocios pechados e práctica ausencia de vida social. É unha tradicional cidade de vacacións para os chineses, que agora tamén se resente dos efectos da epidemia.

Vituco traballa como mago nun cruceiro chinés e acaba de arribar ao porto vietmamita de Cai Lan canda os outros 700 membros da tripulación. Dan por rematada unha autocorentena que decidiron a raíz do coronavirus e, despois de medio mes en mar aberto, ven como un dos seus destinos habituais, Ha Long Bai, se converteu nunha cidade pantasma.

Buscan as zonas máis concorridas, pero non varía o resultado.

"Este é un parque de atraccións que debería estar cheo de xente, e non hai ninguén", explica Vituco na imaxe que el mesmo gravou co seu teléfono móbil.

A liña de cruceiros chineses que cobre esta ruta turística ata Vietnam realizoulles analíticas e probas a todos os empregados do buque que, despois da corentena, desembarcan con plena saúde. As repercusións sociais e económicas da crise desatada polo novo coronavirus desbordan os aspectos sanitarios.

Noticias web

10/02/2020