CRTVG

Buscar

O Compostela xogará co Salmantino a eliminatoria decisiva polo ascenso

Publicado o 12/06/2018 10:27

Os de Iago Iglesias son os únicos superviventes galegos das fases de ascenso. Esta fin de semana visitan o Salmantino.

Partido de ida da rolda definitiva para ascender á Segunda B. O Compostela prepárase para un encontro difícil ante un rival complicado, que rematou cuarto no seu grupo. A volta xogarase sete días despois en San Lázaro, escenario onte dunha remonta épica fronte ao Terrassa. Tras perder na ida 2-0, os composteláns impuxéronse na casa 3 a 0 ante 3.800 afeccionados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2018