CRTVG

Buscar

O Compostela viuse superado polo Numancia no Vero Boquete

Publicado o 03/04/2021 20:46

Cando aló polo minuto catro, nada máis arrancar, Bicho sacou un centro medido e Brais Abelenda non lle deu... Nese momento, os afeccionados comezaron a sospeitar que o fútbol esta xornada lle ía da-las costas ao Compostela.

E na última acción antes do descanso refrendárono. Foi nunha mala saída de balón de Saro, con Miki, na que Aguirre estivo listo pra recuperar, tirou a parede con Tamayo e o centro de Aguirre cabeceuno Asier Benito. Na primeira parte, o Numancia deu sempre impresión de equipo importante. Deses que saben ler o partido e manexar ao rival.

Na segunda reafirmou esa impresión. Bloqueou a zona central e a creación do Compos e, nunha das súas saídas, marcou o segundo. Centro de Tamayo, gol de Moha. Minuto 69. E ata o minuto 90 nada máis. Non funcionaron os cambios e a reacción do Compos só prendeu aí, no 90, ao final, cando Soto acertou a remachar unha falta. O lume non callou e o Numancia levou o triunfo do Vero Boquete por 1-2.

 

Noticias web

03/04/2021