CRTVG

Buscar

Os xogadores do Compostela dan negativo na proba da covid-19 e comezan a preparar a fase de ascenso

Publicado o 06/06/2020 14:37

Os xogadores da Sociedade Deportiva Compostela foron os primeiros dos catro clubs da Terceira División que pasaron polas dependencias da Federación Galega de Fútbol para facer os tests da covid-19.

Todos deron negativo e poderán comezar os adestramentos grupais para preparar a fase de ascenso. 

Nas vindeiras datas tamén terán que facelos os xogadores do Ourense C. F., do Barco e do Arousa. Son os catro equipos que disputarán a praza galega para estar a vindeira temporada na Segunda B. O play off comezará, se todo vai ben, a mediados do mes de xullo.

Noticias web

06/06/2020