CRTVG

Buscar

O Compostela empata sen goles co Unionistas

Publicado o 16/01/2021 20:48


Nove partidos disputados e seis empates. Demasiados para unha Sociedade Deportiva Compostela que retomaba a competición cun difícil compromiso ante o líder. O Unionistas chegaba a San Lázaro logo de lograr cinco triunfos consecutivos e ademáis sen apañar goles. E ante o Compostela demostrou a súa fortaleza defensiva. Aínda así, o equipo e Iago Iglesias dominou a meirande parte do encontro e gozou de varias ocasións para desnivelar o marcador. No primeiro tempo a superioridade santiaguesa foi manifesta, pero sen resultado posivito en forma de gol, unha historia repetida moitas veces esta temporada


Pero é que o Unionistas mostrou a súa especialidade. Agardar po seu momento. E estivo a piques de amargarlle aínda máis a tarde a Iago Iglesias e aos seus futbolistas. Porque Aythami, o ex do Compostela, gozou dun man a man que obtivo boa resposta por parte de Pato Guillén. O gardameta do conxunto sntiagués completou a súa intervención con outra boa parada no córner posterior que rematou Lamadrid. Dous sustos nun minuto que puído ser fatidico. Logo, o equipo galego retomou o seu dominio e Primo tivo o gol da vitoria. Non acertou no remate e o marcador non se moveu. O Compostela, unha vez máis, só puído sumar un punto.

Noticias web

16/01/2021