CRTVG

Buscar

O comité non se pronuncia polo momento sobre o novo protocolo da hostalería

Publicado o 31/08/2021 21:56

Un dos temas que se esperaba que tratase o comité clínico deste martes era o do novo control da ocupación na hostalería, pero finalmente aínda non se estableceu ese protocolo.

Un novo control da ocupación, segundo as condicións do local, e unha posible apertura das barras dos bares para consumir de xeito individual e con distancia son as principais novidades con que a hostalería busca estabilidade para traballar nos próximos meses.

Haberá tres niveis en que se situarán os locais dependendo da ventilación de cada espazo, da existencia de medidores de CO2 ou das medidas hixiénicas adicionais con que conte cada negocio. A Xunta de Galicia e os hostaleiros ultiman pequenos axustes antes de dar para adiante ao protocolo definitivo. 

Este protocolo, din os hostaleiros, non sería necesario de poderen esixir o certificado de vacinación como se fixo ao inicio do verán. Os avances neste proceso permiten, din as autoridades sanitarias, avanzar na recuperación económica de sectores especialmente castigados pola pandemia.

 

Noticias web

31/08/2021