CRTVG

Buscar

O venres votarase no Congreso a moción presentada polo PSOE

Publicado o 28/05/2018 20:40

Xa hai data para saber se Mariano Rajoy seguirá ou non á fronte do Goberno. A presidenta do Congreso, Ana Pastor, fixou para este venres a votación da moción de censura presentada polo Partido Socialista. A catro días da cita, Pedro Sánchez aínda non ten os apoios que necesita. Ciudadanos insiste en presionar para que se convoquen eleccións anticipadas.

A moción de censura que Podemos presentou o ano pasado tardou case un mes en convocarse. A do PSOE dirimirase unha semana despois de anunciada.

O xoves, Pedro Sánchez explicará o seu programa de goberno, e o venres a mediodía, os 350 deputados decidirán se Rajoy segue sendo presidente. Non é o camiño que quere Ciudadanos. Albert Rivera cre que debe ser Rajoy que poña fin ordenada á lexislatura convocando eleccións para outono. Só se non o fai, forzarán un plan B con candidatos sen siglas.

Podemos consultará esta semana aos seus inscritos polo voto na moción, aínda que a dirección xa propuxo un si incondicional. Se fracasa, están dispostos a sumarse ao plan de Ciudadanos.
O PP cre que a moción de Sánchez é irresponsable, incoherente e inxusta. 

O PSOE abrirá unha rolda de contactos cos partidos nos vindeiros días, pero avisan que non renunciarán ao seu programa ideolóxico para lograr apoios. Din que non se trata de gañar a moción, senón de cumprir unha esixencia ética.

O secretario xeral do PSOE apela aos 350 deputados do Congreso aos que propón un grande acordo de rexeneración cunha folla de ruta clara.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2018

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13