CRTVG

Buscar

O comité de persoal do Concello de Vigo denuncia o colapso da xestión municipal

Publicado o 21/10/2020 13:52

O comité de persoal do Concello de Vigo convocou este mércores unha protesta para denunciar o colapso da xestión municipal.

Critican que a xestión de recursos humanos é caótica e aseguran que existe unha falta xeneralizada de persoal en todo os servizos. Ademais, din que se están a desmantelar os servizos públicos, xa que non se executaron aínda as ofertas públicas de emprego dende o ano 2014.

Noticias web

21/10/2020