CRTVG

Buscar

O comité de folga de Xustiza pide a mediación do ministro Rafael Catalá

Publicado o 11/04/2018 14:55

Representantes do comité de folga da Xustiza trasladáronse a Madrid para pedir a mediación do ministro Rafael Catalá no conflito. Os traballadores afirman que despois de 64 días en folga non hai negociación e van xa máis de 17.000 xuízos paralizados.

Rueda advirte os funcionarios de Xustiza en folga que deben cumprir cos servizos mínimos

A Xunta non vai facer novas ofertas aos funcionarios de Xustiza en folga dende hai máis de dous meses. Alfonso Rueda asegurou que cos cartos de todos os galegos non se poden afrontar subas salariais como as que solicitan os traballadores. O vicepresidente da Xunta dixo ademais que non se pode privar os cidadáns de servizos aos que teñen dereito a pesar da folga.

Noticias web

11/04/2018