CRTVG

Buscar

O comité de folga asina a desconvocatoria de paro en urxencias do CHUS

Publicado o 19/02/2019 19:16

O comité de folga de urxencias do Complexo Hospitalario de Santiago asinou hoxe a desconvocatoria da folga do servizo, despois de tres meses de paros. Responde así ao acordado polo 66 % dos traballadores. Con todo, esta desconvocatoria non a aceptan os médicos adscritos ao sindicato O'Mega, que seguen cos paros.

Estamos pendentes do borrador que presente mañá o Sergas sobre o novo modelo de atención primaria. O documento recolle as achegas dos profesionais das distintas áreas sanitarias. O conselleiro de Sanidade dixo que aínda caben suxestións no documento e que tamén se terán en conta as enquisas realizadas aos usuarios. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019