CRTVG

Buscar

O comité de Ferroatlántica mira con cautela a oferta de compra do fondo norteamericano

Publicado o 05/06/2019 10:21

O comité de empresa de Ferroatlántica mira con cautela a oferta de compra malia que o fondo estadounidense di que aposta por continar producindo nas factorías de Cee e Dumbría, polo menos durante dez anos. Os traballadores consideran que as garantías que lles presentaron non son suficientes e agardan a decisión da Xunta para ver se autoriza finalmente a venda.

Santiago Paz, presidente do comité de empresa, di que este é un anuncio que xa viña de atrás, aínda que nun principio se falaba de Ferrovial e non da empresa norteamericana.

Hoxe reúnese o comité de empresa para analizar e avaliar a oferta que a empresa norteamericana lle ofreceu a Ferroatlántica.

Noticias web

05/06/2019