CRTVG

Buscar

O comité de empresa pide que se profunde nas probas cos combustibles alternativos

Publicado o 30/12/2019 11:37

Marcos Muíño, membro do comité de empresa de Endesa As pontes, dixo no 'Bos días', que a situación en que está agora mesmo a central a "dun cambio de combustible, igual que se fixo cando se pechou a mina de lignito". 

Os traballadores non entenden que se estean investindo máis de 200 millóns de euros na adaptación da térmica para reducir as emisións e niso se estea traballando a día de hoxe, e que ao mesmo tempo se anuncie o peche.

Con respecto a ese posible combustible alternativo, dixo Marcos Muíño, "cos lodos fíxose unha proba bastante sólida, cunha substitución do 40 por cento, e viuse que era viable. O que pedimos é que se profunde nesas probas".

 

Noticias web

30/12/2019