CRTVG

Buscar

O comité de empresa de Vulcano busca o apoio de Zona Franca para buscar investidores

Publicado o 09/08/2019 16:02

Esta mañá representantes do comité de empresa de Vulcano reuníronse co presidente de Zona Franca para pedir a súa colaboración na busca de investidores. Foi nunha xuntanza con David Regades en que lle trasladaron a súa preocupación polo estaleiro que arestora se atopa dende o dous de agosto negociando o seu ERE de extinción. De momento, non hai ningún investidor interesado pero a Zona Franca comprometeuse a defender a continuidade da súa actividade industrial. A partir do dous de setembro rematará esa negociación e serán os xulgados quen decidan sobre o futuro dos traballadores.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019