CRTVG

Buscar

O comité de empresa de Ferroatlántica Xeal presenta unha demanda contra o ERTE

Publicado o 15/05/2020 20:26


O comité de empresa de Xeal, antiga Ferroatlántica de CEE-Dumbría e centrais hidroeléctricas, presentou unha demanda de conflito colectivo contra o ERTE. Os representantes dos traballadores entenden que as causas alegadas pola empresa para a suspensión de contratos e a redución de xornada son ilegais. Cren que a dirección da empresa se está a aproveitar da emerxencia sanitaria pola COVID-19 para avanzar no plan de cesamento de actividade dos fornos e no desmantelamento da fábrica. Ao tempo, din, aforran cartos á conta da pandemia.

Noticias web

15/05/2020