CRTVG

Buscar

Os traballadores de San Cibrao ven viable a longo prazo o proxecto de Liberty

Publicado o 09/09/2020 19:30

Os traballadores de Alcoa San Cibrao ven viable a longo prazo o proxecto para a factoría que Liberty lles presentou en Madrid.

O comité de empresa pídelle a Alcoa que "deixe de poñer impedimentos para a venda da fábrica".

"É unha parte de investimento na planta, o que nos deixaría á altura de poder competir no primeiro nivel e facendo produtos de valor engadido de moi alta competencia e unha segunda parte que é a enerxética. Vemos que teñen un proxecto claro, vemos que teñen un proxecto conciso e apoiado por dous Gobernos, tanto a Xunta como o Goberno central, polo que Alcoa ten que deixar de poñer impedimentos", di José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

Noticias web

09/09/2020

Máis sobre Cervo