O comité de empresa de Alcoa San Cibrao busca en Madrid o apoio dos grupos políticos
Publicado o 18/12/2019 14:40
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao levou a Madrid as súas demandas para garantir o futuro da factoría.
Os representantes sindicais mantiveron reunións con deputados do PSOE, Galicia en Común e o BNG. Queren que os grupos lle esixan ao Executivo a aprobación urxente de medidas de axuda ás electrointensivas.
Os representantes de Alcoa tamén levaron as súas demandas á sede do Partido Popular, onde os recibiu Pablo Casado. Advirten de que a factoría de San Cibrao está ás portas do peche ou dun ERE, e critican duramente o recorte da potencia ofrecida na última poxa de interrompibilidade.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 08:23